lunes, enero 09, 2017

OLIVA AGRA CONCENTRA TODO O PODER NO PP DE AMES

O PP de Ames ven de nomear a María Oliva Agra Costoya coma nova voceira no Concello. Oliva Agra estudou Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela, e exerce como Asesora Fiscal no Milladoiro dende fai 14 ano.
Tras a  renuncia de Alberto Piñeiro, os concelleiros que actualmente forman o Grupo Popular de Ames decidiron, por unanimidade, reestruturaron o seu organigrama. Así, Oliva Agra asumirá o papel de voceira, con Javier Olmo ocupando o posto de voceiro axunto, se ben o resto de concelleiros actuarán como voceiros suplentes.
Oliva Agra, que recentemente foi nomeada presidenta da Xunta Xestora que rexe actualmente o PP de Ames, afirma que “traballará sen descanso polos intereses dos veciños”, ao tempo que asegura que “o Grupo Popular seguirá traballando a reo con seriedade dende a oposición para recuperar a alcaldía no ano 2019”.

No hay comentarios: