viernes, enero 27, 2017

O PPdeG DEMANDA COHERENCIA NA RECLAMACION DA TRANSFERENCIA DA AP-9

O PPdeG demandou coherencia aos grupos da oposición para manter a unidade presente na proposición de lei asinada por todos os deputados galegos reclamando a transferencia da AP-9.  En concreto, o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, considerou que a interposición dun recurso ante o Tribunal Constitucional o único que faría neste momento é enredar o debate, retrasando ou incluso paralizando a posible tramitación polo Congreso da nova proposición de lei. “Non convén rachar o consenso manifestado polos catro grupos do Parlamento galego e comezar a divagar e coller novos rumbos que desvirtúen e enreden o verdadeiro debate”, sinalou. Martín Fernández explicou que este posible recurso que propón o BNG podería ser utilizado como argumento para, agardando a súa contestación, non tramitar a nova proposición de lei, polo que considerou máis axeitado non afondar nas diferenzas coa Mesa do Congreso dos Deputados.

No hay comentarios: