jueves, enero 05, 2017

MENOS PARO E MAIS CONTRATACIÓN

Galicia está consolidando a súa recuperación económica pechando 2016 con menos paro e máis contratación. Hoxe temos 22.894 desempregados menos que hai 12 meses, o que supón un descenso interanual do 10%, a maior caída desde o inicio da crise. Tras tres anos consecutivos de descensos interanuais, esteamos a niveis de paro inferiores aos de decembro de 2009 algo que, ratifica que a estratexia económica do Goberno galego é a acertada. Do mesmo xeito hay que valorar a evolución cualitativa do mercado laboral galego, onde levamos tres anos seguidos de incremento da contratación indefinida e ademais aumenta tamén a contratación a tempo completo. Dende o PPdeG recordan que “aínda que os datos son positivos non esquecemos que segue a haber moitos galegos no desemprego, por iso non deixamos de traballar para acadar o noso obxectivo: crear 20.000 novos postos de traballo en 2017”.

No hay comentarios: