domingo, enero 08, 2017

INICIATIVA DO PPOU PARA O FOMENTO DO USO TERAPEUTICO DE ANIMAIS

O PP de Ourense, a través dos seus deputados Ana Belén Vázquez e Miguel Ángel Viso, presentarán no Congreso unha proposición non de lei para fomentar o uso terapéutico de animais, en concreto con cabalos, para o tratamento de adolescentes con problemas de conduta.
Para desenvolver esta iniciativa visitaron  o Centro Terapéutico Arraianos, en Celanova, onde coñeceron de preto o labor que están a levar a cabo con mozos e rapaces, que grazas a o contacto directo e as actividades que realizan con cabalos conseguen unha notable mellora da autoestima, satisfacción emocional, máis atención e concentración, menos estrés, ansiedade e agresividade e adiantos na psicomotricidade.
Ambos os dous deputados coincidiron en destacar o gran traballo que realizan este tipo de centros, avalado polos éxitos alcanzados “e aínda con maior valor polo carácter de voluntariado dos seus monitores, polo que son merecentes de que se recoñezan os seus esforzos por axudar os pais con fillos que amosan problemas de conduta que, non esquezamos, poñen en risco a convivencia familiar”, apuntou Ana Belén Vázquez.

No hay comentarios: