martes, enero 17, 2017

I CONGRESO PROVINCIAL DE EDUCACION DEL PP DE LUGO

Elena Candia, acompañada do coordinador da Mesa Sectorial de Educación de Lugo, Javier Vázquez, da ex conselleira de Familia, Manuela Besteiro, do responsable de Novas Tecnoloxías, Manuel Antonio Fernández, e das integrantes da Xunta Directiva Provincial, Remedios González e María José Gómez, anunciaron a celebración do I Congreso Provincial de Educación: “A convivencia no ámbito educativo”que se desenvolverá os días 20 e 21 de xaneiro no restaurante Los Robles.
O Congreso dará comezo o día 20, ás 17:00 horas, coa inauguración do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González. Ás 18:00 horas, será a quenda do secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín Hellín, quen ofrecerá o relatorio “O pacto educativo”. Ás 19:45 horas, o secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén Barcala, impartirá a charla “A xénese das normas sobre a convivencia escolar”, mentras que, ás 20.45 horas, a responsable do Servizo de Coordinación.
Administrativa e Apoio Normativo da Xunta de Galicia, Patricia Brión Cabanelas, explicará as “Distintas perspectivas da responsabilidade do profesorado”. A xornada rematará cun coloquio, que se desenvolverá a partires das 21:00 horas.
O día 21, o Congreso dará comezo ás 10:00 horas, coa participación do vicepresidente do Consello Escolar de Galicia, Fernando Del Pozo Andrés, quen disertará sobre “A convivencia escolar: unha cuestión de todos”. Seguidamente, ás 12:00 horas, o tenente fiscal da Fiscalía Provincial de Lugo (Fiscal de Menores) exporá os “Aspectos xudiciais da problemática dos adolescentes e xóvenes”. A clausura terá lugar ás 13:00 horas.

No hay comentarios: