viernes, enero 27, 2017

GALICIA A TAXA DE PARO MÁIS BAIXA DOS ÚLTIMOS SEIS ANOS

O PPdeG valorou os datos revelados pola Enquisa de Poboación Activa (EPA) relativos ao último trimestre do ano 2016, e celebrou que Galicia teña hoxe o nivel de paro máis baixo dos últimos seis anos. A Comunidade encadea xa once trimestres consecutivos de caída do desemprego, e sinalou que non hai mellor mostra de que as reformas emprendidas nestes anos deron resultado, polo que estes datos deben dar ánimos ao Goberno e á Xunta para continuar coa súa política económica.

No hay comentarios: