domingo, enero 29, 2017

ELENA CANDIA PREOCUPADA POLA NATALIDADE

O  PP de Lugo pedirá no próximo pleno da Deputación, que se celebrará o vindeiro martes, que a institución lucense poña en marcha un plan provincial de fomento da natalidade, que dea incentivos para reverter o elevado índice de envellecemento e o saldo vexetativo negativo que reflicte a provincia de Lugo. Elena Candia, considera fundamental que a institución provincial contribúa ao fomento da natalidade e poña en marcha medidas que actúen como plan de choque ante o declive no número de nacementos que afecta á meirande parte dos concellos da provincia. “Ante unha sociedade cada vez máis envellecida é necesario que a Deputación, ao igual que veñen facendo outras institucións, leve a cabo iniciativas que sirvan de base para que Lugo sexa unha das provinciais onde maiores facilidades teñan as familias para ser pais e nais”

No hay comentarios: