domingo, enero 22, 2017

CELEBRADO O CONGRESO LOCAL DO PP DE ARNOIA

Rogelio Martínez González foi reelixido como presidente da xunta local de Arnoia tras recibir o cen por cen dos votos dos compromisarios asistentes ao congreso celebrado esta tarde na capitalidade do municipio. Rogelio Martínez, logo de agradecer o apoio amosado polos compromisarios á súa candidatura, cualificou á convocatoria como “o congreso da renovación”, pois o 80 % das persoas que lle acompañarán nesta nova etapa incorpóranse por vez primeira á xunta local de Arnoia. Unha xunta, afirmou Martínez, “que terá como obxectivo a máis absoluta colaboración e axuda ao goberno municipal, na procura das mellores condicións de vida para os nosos veciños”. 
En clave política, o presidente do PP de Arnoia engadiu que a agrupación popular converterase “nun instrumento para renovar e conseguir máis apoios ao Partido Popular nas eleccións municipais, autonómica e estatal”. Un labor, apuntou, “no que contaremos coa máxima participación de todos os afiliados”
Manuel Baltar, na clausura,  lembrou que o PP ten un selo inequívoco de compromiso coa provincia que se demostra no seu dinamismo aínda fora de procesos electorais. Logo de felicitar a Rogelio Martínez, destacou que nas próximas dúas semanas celebraranse cinco congresos locais máis, “cumprindo así co programa e cos obxectivos que nos marcamos, que non son outros que comezar a traballar de novo, logo dun intenso ano electoral, para conseguir nas municipais de 2019 os mellores resultados electorais na provincia”. Dirixíndose aos compromisarios e afiliados asistentes ao congreso, Manuel Baltar advertiu que os éxitos alcanzados nas eleccións de 2016 só teñen unha orixe, “que está no traballo, na previsión e na planificación que facemos no PP a diferencia do resto de formacións políticas”, destacando que nese labor os populares contan como ninguén “coa implicación de homes e mulleres que queren facer Ourense”.

No hay comentarios: