martes, enero 31, 2017

A DEPUTACION DE LUGO A PEOR PAGADORA DE ESPAÑA

O PP de Lugo censura que a Deputación de Lugo sexa a peor pagadora de todo o territorio español como así demostran os datos do informe do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de novembro de 2016 que veñen de facerse públicos. , Elena Candia, explicou en declaracións aos medios que “aínda non houbo comisións informativas e estamos cun goberno sen proxecto, sen orzamentos e que puidemos comprobar este fin de semana como batemos o récord e nos situamos como a Deputación peor pagadora de España”. “Este é o balance que podemos facer, moi descontentos da acción de Goberno e con esa situación inexplicable de que non entendemos cal é a razón pola que non se traen uns orzamentos”.

No hay comentarios: