lunes, enero 16, 2017

A APOSTA POR UNHA ESPAÑA SUSTENTABLE

Feijóo participou na clausura da presentación das liñas básicas da Ponencia Económica e Territorial para o Congreso nacional celebrada en Santiago. Segundo dixo, esta ponencia plasma a aposta por unha España sustentable que cree cada vez máis emprego e de máis calidade, que non abuse do endebedamento, que reforce os lazos con Europa e abra novos mercados; e que garanta o noso Estado de Benestar. Nese sentido, recordou que seguir sendo sustentables cunha baixa taxa de natalidade e unha alta taxa de envellecemento é o desafío máis importante de España.
Por este motivo, apuntou que a ponencia reflicte a intención dos populares de alcanzar un Pacto de Estado pola Demografía, algo para o que é necesario que os demais grupos do Congreso non pensen en cores políticas ou intereses partidistas, senón en avós, pais e fillos. Así mesmo, engadiu que buscarán consenso para dar máis apoio económicos ás familias que desexen ter fillos, facilitando a conciliación, para superar -como xa se fixo en Galicia- a ratio de cobertura do 33% das prazas de escolas infantís, e para abordar a reforma do sistema de pensións.

No hay comentarios: