viernes, diciembre 09, 2016

VALORACIÓN DO PPOU DOS PRESUPOSTOS DA XUNTA

Unha firme aposta polo rural, como defensa do territorio e para crear riqueza, máis recursos para o fomento do emprego e unha política baseada nas persoas para a mellora social, foron os aspectos destacados esta mañá na valoración que o PP de Ourense fixo das previsións de investimento para a provincia recollidas no proxecto de orzamentos da Xunta para 2017. Un proxecto que para Manuel Baltar, desvela “un programa que se vai cumprir e que apunta á procura do equilibrio territorial”.
Manuel Baltar quixo destacar a “a máxima axilidade demostrada por un goberno forte para que hoxe estemos a falar de orzamentos”, pouco máis de dous meses despois das eleccións autonómicas. O proxecto de lexislatura que agora principia, engadiu, será o do cumprimento dun programa “que xa nos deixou realidades na anterior etapa, como a autovía a Celanova, o novo hospital ou o edificio xudicial”, traballo recoñecido “co resultado electoral de setembro”.
Logo da introducción do presidente provincial, os parlamentarios José González e César Fernández Gil detallaron algúns dos aspectos máis destacados do proxecto orzamentario na provincia, salientando o incremento próximo ao 20 % en Medio Rural (con preto de 70 millóns de euros), a suba do 16,2 % en Economía e Emprego (ata os 16,8 millóns) e o 60 % de incremento en Política Social (máis de 3 millóns),

José González, que fixo un percorrido polas liñas xerais do orzamento da Xunta, subliñou que o interior de Galicia “recibe máis fondos que o eixo atlántico para paliar a súa desvantaxe, situando o gasto total da Xunta por habitante na provincia de Ourense en 3.550 euros”, engadindo tamén que “se pode consolidar o crecemento económico con máis gasto público, máis investimentos e unha política fiscal que dá as familias, especialmente ás de rendas mais baixas, unha maior capacidade de consumo”.
A transversalidade foi o aspecto salientado por César Fernández Gil, apuntando que “a aposta polo medio rural se pode observar no conxunto dos orzamentos, o que se traduce nun importante número de medidas para impulsar o desenvolvemento dunha provincia na que máis do 80 % do seu territorio é rural”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pero este individuo no está procesado por el asunto de empleo a cambio de sexo? ¿Por qué otros dimiten en esa situación y él no? ¿Qué pasa con la comisión de ética de la Deputación de Orense, que dimitió en pleno hace un año cuando salió a la luz el asunto?