viernes, diciembre 02, 2016

UN PARTIDO QUE TRABALLA

Miguel Tellado, ofreceu  unha rolda de prensa na que valorou esta semana como crucial para a política galega, dado que trala aprobación do teito de gasto, atopámonos na antesala da aprobación dos orzamentos da Xunta para o ano 2017. Neste sentido, Tellado valorou positivamente a rapidez coa que o Goberno autonómico iniciou os trámites trala celebración das eleccións autonómicas do pasado mes de setembro.
“Logo de anos de crise económica, o teito de gasto aprobado a semana pasada avánzanos uns orzamentos que consolidan o seu crecemento”, para incidir en que os recursos extra cos que contará o Executivo galego se utilizarán na mellora dos servizos públicos e en apuntalar a recuperación económica. Sobre este punto, celebrou que a Consellería de Facenda xa avanzase que se incrementarán partidas como as destinadas á creación do emprego, o fomento do rural ou as axudas aos Concellos.
Tellado prevé que as contas públicas que presente o Goberno sexan unha mostra de “realismo, prudencia e responsabilidade”, en canto a que están baseadas nun coñecemento profundo das necesidades do país e nunhas estimacións de crecemento máis conservadoras que algúns estudos publicados sobre a situación económica galega. Do mesmo xeito, agarda que volvan estar presididas polo rigor dos últimos anos, que é o que permitiu consolidar a rebaixa fiscal iniciada o ano pasado sen incumprir os obxectivos de déficit fixados polo Goberno Central. “É así como se blinda o autogoberno, e non con proclamas, como queren facer outros”. En definitiva, o secretario xeral resumiu a súa valoración como a duns orzamentos que “estarán inspirados nas persoas, e non no asfalto ou no ladrillo”.
Durante o seu discurso,  quixo destacar o intenso traballo da Xunta e o PPdeG nas últimas semanas, e comparouno coa situación na que se encontra a oposición, “centrada nos seus problemas internos e os seus intereses partidistas”.

No hay comentarios: