lunes, enero 02, 2017

SATISFACCIÓN NO PP DE LUGO CON ADIF

O PP de Lugo anuncia a súa satisfacción pola adxudicación dun contrato de mantemento da Rede ferroviaria de Ancho Métrico en Asturias e Galicia por importe de 2,3 millóns de euros.
Os populares de Lugo amosaron esta mañá a súa satisfacción pola adxudicación dun contrato por parte de Adif para o mantemento da rede ferroviaria de Ancho Métrico (antigas liñas do FEVE) en Asturias e Galicia por un importe de 2.3 millóns de euros. Os deputados nacionais Jaime de Olano e Joaquín García Díez, os senadores Dámaso López, Gerardo Criado e Fernando Carlos e a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, resaltaron o compromiso do Goberno Central “cunha liña ferroviaria moi importante para a provincia e un transporte que presta un servizo a moitos lucenses”. Dende o PP salientaron que “con este contrato e o que se licitará o vindeiro ano demóstrase a aposta do Ministerio de Fomento por esta importante infraestrutura”.

No hay comentarios: