lunes, diciembre 12, 2016

REMATAR OS TRABALLOS, ESTRATEXIA VERDE E TARXETA PEREGRINO

No pleno desta semana o Grupo Popular defenderá  dúas proposicións non de lei, ademais da solicitude para a creación dunha comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos. O obxectivos desta comisión de investigación será rematar os traballos realizados ao longo da pasada IX lexislatura, cando compareceran cerca de 50 persoas e se remitira ao Parlamento galego abundante documentación, principalmente por parte da Xunta de Galicia, sobre as antigas caixas de aforro galego, pero quedou pendente a elaboración do ditame e o seu debate e aprobación. Ademais, o Grupo Popular defenderá no Pleno o desenvolvemento dunha Estratexia de Infraestrutura Verde que cree unha rede de espazos naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade, proporcionar servizos ecosistémicos e incrementar a resiliencia dos ecosistemas. En segundo lugar, tamén se demandará á Xunta a creación dunha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos a Compostela, que aglutine diferentes servizos de interese para os peregrinos e inclúa, entre outros, entrada única nos museos, facilidades no transporte público e descontos en actividades culturais de ocio e restauración, en comercios e tendas de produtos galegos e de artesanía de Galicia e nos mercados de abastos.

No hay comentarios: