viernes, diciembre 16, 2016

PROGRAMA DO PP DE LUGO PARA VISITAR O TECIDO ASOCIATIVO DA PROVINCIA

O PP de Lugo botou a andar un programa de visitas ás distintas asociacións tanto sociais como rurais de toda a provincia, que deu comezo cun encontro e percorrido polas instalacións de Aspnais (Asociación de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo), no que participaron tanto Elena Candia, como a coordinadora e a membro da Comisión de Política Social do Partido, María José Blanco Freire e Susana López Abella, respectivamente. Candia quixo agradecer o traballo de todas as asociacións e, dun xeito concreto, mostrou a súa admiración pola labor promovida por Aspnais, que leva 50 anos involucrada a prol da integración social, educativa e laboral de persoas con algún tipo de discapacidade intelectual.
No PP de Lugo teñen previsto desenvolver un programa de visitas a todas as asociacións dos ámbitos social e rural de toda a provincia cunha dobre finalidade: por unha banda, coñecer de primeira man o traballo que están a desenvolver e, polo tanto, as necesidades e inquietudes que presentan e, por outro lado, manter unha comunicación fluída con cada unha destas entidades para continuar a desenvolver a nosa responsabilidade de ser intermediarios entre as asociacións e as distintas administracións.

No hay comentarios: