lunes, diciembre 26, 2016

POLA MODERNICACION DA LINEA FERROVIARIA ENTRE LUGO E OURENSE

O  Grupo Popular informou na inclusión no Pleno dunha proposición non de lei, a iniciativa do PPdeG, a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria, para o que se demanda a inclusión de compromisos nos orzamentos de 2017. A iniciativa defendida polo Grupo Popular ten como obxectivo insistir ante o Goberno central na necesidade de acometer, no menor prazo de tempo posible, un proceso de modernización da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, a través de Monforte. Ademais, demándase ao Ministerio de Fomento que priorice os investimentos que garantan a modernización e faciliten a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria, de xeito que se garanta que os tempos de viaxe entre Lugo e Madrid se sitúen arredor das tres horas.

No hay comentarios: