lunes, diciembre 12, 2016

PACO CONDE O PESO DA ECONOMIA NA XUNTA

Francisco Conde, deixo claro no Parlamento que é o vicepresidente de facto na Xunta, o falar que os orzamentos da Consellería que dirixe, que medran un 8,5% ata superar os 482 millóns de euros, teñen como meta o reforzo da etapa de crecemento na que está inmersa a economía de Galicia. Na súa intervención, Conde destacou especialmente o incremento dun 60% dos apoios a autónomos, ata chegar aos 33,2 millóns de euros, así como o aumento dun 44%, ata os 58,5 millóns de euros, dos recursos para o financiamento de autónomos, pemes e microempresas, para convertelos en protagonistas desta fase de consolidación económica.
O conselleiro incidiu en que os presupostos do seu departamento están centrados especialmente na creación de emprego, co obxectivo de crear 20.000 novos postos de traballo o vindeiro ano. Así, a Área de Emprego e Formación alcanza un crecemento do 16,4% con respecto a 2016, cunha clara aposta polo fomento do emprego de calidade como elemento clave da competitividade de Galicia. Neste ámbito, o responsable de Economía, Emprego e Industria destacou que se destinan 44,6 millóns de euros a incentivar a contratación, facendo especial fincapé nas mulleres, mozos e colectivos desfavorecidos, e, como principal novidade, nas persoas pertencentes a unha unidade familiar na que todos os seus membros activos estean en paro. 
Do mesmo xeito, salientou os esforzos da Xunta por mellorar as capacidades dos galegos e galegas para atopar un traballo, incrementando nun 21,6%, ata os 86,2 millóns de euros, os fondos destinados a adecuar a formación e capacidades do talento galego á demanda real do tecido empresarial. Conde subliñou así mesmo a posta en marcha da Estratexia de Autónomos, que busca convertir Galicia no lugar máis favorable para ser autónomo. Así, esta folla de ruta recollerá medidas específicas como a creación do Bono Autónomo de ata 2.000 euros, a ampliación un ano máis da tarifa plana, ou o incremento en 16 semanas adicionais da bonificación para conciliar, que se abrirá tamén aos pais. Ademais, estenderase a todos os autónomos o programa de remuda xeracional que xa existe no comercio. Ao tempo que se poñerán en marcha estas iniciativas, iniciarase o diálogo para a nova lei de Emprego de Galicia, tal e como destacou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

No hay comentarios: