jueves, diciembre 15, 2016

O PPOU ESIXE A FOMENTO QUE CUMPLA OS SEUS COMPROMISOS

O PP de Ourense esixe o cumprimento de todos os compromisos adquiridos polo Ministerio de Fomento para o tramo urbano e maila integración do AVE na cidade, proxecto irrenunciable tanto para a capital como para a provincia como así quedou de manifesto na postura unánime de apoio a esta infraestrutura por parte dos populares ourensáns.
O PP, aínda tralo comunicado de Fomento no que asegura que o acceso a Ourense da alta velocidade se fará pola variante exterior, expresou a súa intención de velar dende as institucións locais e provincial nas que goberna, así como tamén a través dos seus representantes parlamentarios, pola execución do proxecto.
Así tamén se reflectiu na reunión que o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e Marisol Díaz, como membros do comité de dirección do partido, mantiveron na Gudiña cos responsables populares das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras.
Un encontro no que, ademais, os representantes ourensáns do PP deixaron constancia de que tampouco renunciarán a outras demandas relacionadas coa alta velocidade, como a petición dunha estación do AVE e un centro de conservación e mantemento de trens de alta velocidade na Gudiña.
Manuel Baltar afirmou que o partido, a través das institucións nas que goberna, impulsará calquera iniciativa que garanta a chegada do AVE a Ourense, “nas mellores condicións, sen proxectos de segunda e no prazo máis breve posible”.
Lembrou o presidente dos populares os compromisos adquiridos dende a Deputación, como a petición dos citados servizos para A Gudiña no pleno do pasado setembro ou, máis recentemente no debate sobre o estado da provincia. Nesta convocatoria, a corporación provincial acordou reclamar un AVE con todas as infraestruturas completadas, incluíndo a estación intermodal e solucións definitivas para o tramo Ourense-Taboadela.

No hay comentarios: