miércoles, diciembre 14, 2016

O PP PIDE A EN MAREA QUE REVISE O SEU MODELO SOCIAL

Marta Rodríguez Arias animou no Parlamento aos responsables de En Marea a sumar esforzos para ofrecer solucións ás familias na loita contra a pobreza e a exclusión social. Neste sentido, demandou que revisen o seu modelo social e criticou que “veñan ao Parlamento sen ter coñecemento das políticas sociais da Xunta de Galicia”. Rodríguez Arias lembrou que tanto a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), como o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Valedora do Pobo ou o Consello da Avogacía Galega “prestan o seu apoio á loita contra a pobreza e a exclusión social, polo que demandou á oposición a “sumar esforzos” logo de que os datos do Ministerio de Facenda revelaran que os concellos galegos máis pobres en servizos sociais son os gobernados por En Marea e o BNG.

No hay comentarios: