lunes, enero 02, 2017

O PP LAMENTA A COMPLETA PARALISE NAS CIDADES GOBERNADAS POLA MAREA

Miguel Tellado lamenta a “completa parálise” na que se encontraron neste 2016 que está por rematar as cidades gobernadas polas Mareas. Así, lembrou a incapacidade dos alcaldes de Santiago, A Coruña e Ferrol para lograr acordos e sacar adiante os orzamentos municipais, cos problemas que iso supón para os investimentos nas súas urbes. Neste sentido, subliñou que ve aos tres rexedores “máis preocupados por xogar á política autonómica que por gobernar as súas institucións”.
Tellado reprochoulle aos populistas que “chegaron ao poder prometendo ser os adalides da política social”, e case na metade do seu mandato en Santiago non souberon adxudicar uns comedores escolares e na Coruña prometeron unha Renda Universal “que non era nin renda, e era tan universal que lla concederon a unha soa persoa”. Do mesmo xeito, tamén lembrou que fixeron bandeira da loita contra a corrupción prometendo dimitir en caso de imputación “e tan pronto tiveron un concelleiro imputado defendérono os tres alcaldes e máis Luis Villares”. “É o momento de que recoñezan que ou estaban equivocados cando atacaron aos demais partidos políticos ou que mentiron para intentar chegar ás alcaldías”, subliñou.
Ante esta situación de “colapso” o secretario xeral explicou que os populares galegos seguirán traballando “con rigor” para construír unha alternativa responsable e moderada de cara ás eleccións municipais do vindeiro 2019. “Queremos devolverlle aos cidadáns os gobernos que merecen”, destacou para avanzar que, mentres tanto, nas cidades “apoiaremos cada iniciativa na que acerten e seguirán atopándonos en fronte en cada unha na que erren”.

No hay comentarios: