miércoles, diciembre 21, 2016

O PP DE LUGO TENDE A MAN A DARIO CAMPOS

Daniel Vega puxo de relevo no Parlamento que o presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, preside un goberno “en precario” e lembroulle que “está obrigado a pactar para que un ano máis os orzamentos do ente provincial non queden en fume”. Para evitar esta situación, Vega tendeu a man do PPdeG ao Goberno provincial en minoría, dun xeito responsable e tal e como fixeron na presente anualidade, para que sexa posible chegar a unhas contas de consenso que permitan resolver os problemas dos lucenses tamén no 2017.
Daniel Vega lembrou que Darío Campos “é o presidente con menos respaldo das catro deputacións galegas e o mais débil que se acorda na institución provincial”. “A pesar diso, segue aplicando a unilateralidade, carente de man esquerda, de diálogo e pouco interesado no funcionamento normal da institución”, dixo.
“Non podemos comprender a falta de diálogo do PSOE, pese a que presenta unhas contas que só defenderán, no mellor dos casos, 10 dos 25 deputados provinciais”, sinalou o deputado popular. Neste sentido, engadiu que “o único que nos queda claro é que vostede so chega a acordos cando se trata de manterse no poder e non pensa no interese dos lucenses”, polo que recomendoulle “unha vez máis que sexa consciente da súa febleza e conxugue o verbo pactar”.

O deputado popular reclamoulle, por exemplo, que os orzamentos da 2017 incorporen o investimento necesario para facer posible a dotación de material do auditorio de Lugo, en cuxa construción a Xunta xa investiu 20 millóns de euros. Lembroulle tamén que nas contas pactadas para a anualidade de 2016, a Deputación comprometeuse co PP a ampliar as dotacións en materia de axuda no fogar, o plan de obras e servizos, impulsar o programa de axudas para concellos de menos de 20.000 habitantes ou o plan para a renovación de marquesiñas, “cuestións que esiximos incorporar tamén nos orzamentos de 2017”.

No hay comentarios: