lunes, diciembre 26, 2016

O PP DE LUGO MELLORA O PRESUPOSTO SOCIAL NA DEPUTACIÓN

O PP consegue que a Deputación destine 500.000 euros máis para servizos sociais a través dunha nova liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva.
Os populares consideran necesario que a deputación fomente a colaboración coas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia e salientan que “a xestión eficiente das políticas de benestar social é sinónimo de calidade de vida, de igualdade de oportunidades, de inclusión, de cohesión social e de futuro para todos e todas”.
A deputada, Mari Teijeiro, apuntou que é fundamental que a institución provincial “fomente a colaboración coas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro lucenses e poña en marcha estas subvencións co obxecto de contribuír aos gastos de mantemento dos seus centros, así como dos servizos estables, programas sociais ou actividades que leven a cabo”. A popular explicou que se trata “de dar unha oportunidade maior a aquelas entidades sociais que hoxe non teñen opción de acceso as axudas que concede esta administración, pois non todas coñecen cál e a fórmula de reparto das subvencións que existen e aínda coñecéndoa non todas teñen a opción de acceso ás mesmas”.
Dende o PP salientan que “entendemos que as administracións públicas, así como os grupos políticos que representamos á cidadanía nestas administración, temos o deber de contribuír a promover e apoiar á iniciativa social que chega moitas veces a onde as administracións nos vemos limitadas e non somos capaces de chegar”. Poñen en valor ademais que “a xestión eficiente das políticas de benestar social é sinónimo de calidade de vida, de igualdade de oportunidades, de inclusión, de cohesión social e de futuro para todos e todas”.

No hay comentarios: