miércoles, diciembre 14, 2016

O PARLAMENTO APROBA CONSTITUÍR A COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN DAS ANTIGAS CAIXAS

O Parlamento galego aprobou a constitución dunha Comisión de Investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira da antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos, co obxectivo de rematar os traballos realizados na pasada IX lexislatura. “O obxectivo é chegar a conclusións razoables, sensatas e que expliquen que foi o que ocorreu co sistema financeiro galego”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy. Na súa intervención, Puy lembrou que a fonda preocupación social existente polo problema das preferentes ou o escándalo das indemnizacións millonarias dos seus responsables motivou que durante a pasada lexislatura se aprobara por unanimidade a constitución da Comisión de Investigación sobre as caixas galegas, así como o seu plan de traballo e o listado de comparecentes.
Puy cualificou de “mágoa que se perderan as caixas galegas, pero afortunadamente o negocio non foi tan malo”. E como mostra dixo que o novo banco conta con 4.200 empregos directos, dos que máis do 80 por cento traballan en Galicia, supón máis do 11 por cento do PIB galego, conta con máis de 3.000 empresas proveedoras nas que traballan arredor de 72.000 persoas.

No hay comentarios: