viernes, diciembre 23, 2016

O PAGO DO GAS NATURAL ENTRE AS AXUDAS CONTRA A POBREZA ENERXETICA

Feijóo avanzou a ampliación ao gas natural das axudas contra a pobreza enerxética. Na actualidade, a Xunta pon a disposición das familias que o necesiten axudas de dous tipos diferentes: o tique eléctrico social, implantado en 2014, e as axudas de urxencia para evitar os cortes de luz, en vigor desde 2016, Feijóo precisou que a partir de 2017, tamén poderán acceder a estas axudas as familias galegas que non poidan pagar as facturas do gas.
Feijóo fixo fincapé en que a loita contra a pobreza enerxética é un obxectivo do Goberno galego e lembrou que desde 2014 concedéronse xa 4.955 axudas do tique eléctrico social; mentres que este ano houbo 1.051 familias que evitaron un corte de luz coas axudas de emerxencia. Deste xeito, cando algunha das familias vulnerables estea en risco de sufrir un corte de luz ou gas por impagamento ou atraso, activarase un protocolo de urxencia. A comercializadora de luz ou gas notificará ao cliente da existencia destas axudas e se a familia interesada presenta a solicitude ante a Xunta, a Administración autonómica solicitará á compañía que paralice o corte de subministro durante un mes, tempo necesario para resolver a axuda.

No hay comentarios: