viernes, diciembre 30, 2016

CONGRESO LOCAL EN XANEIRO DO PP DE GONDOMAR

No "Pincho de Nadal" tras o último Comité Executivo Provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda,  animou a traballar unidos "como sabemos no PP". “Recuperar o goberno da Deputación de Pontevedra e as alcaldías perdidas en 2015 vai ser o noso obxectivo nas próximas eleccións municipais de 2019, pero para iso precisamos poñer a punto o partido desde o primeiro minuto e ese é o noso principal obxectivo de 2017”.
A celebración de máis de 20 Congresos locais (10 por cada semestre aproximadamente) ou cursos de formación, serán algunhas das actividades que segundo Alfonso Rueda van centrar a axenda dos populares na provincia. Destacar que o IV Congreso local do PP de Gondomar será o 21 xaneiro, con 400 afiliados chamados a votar. A Comisión Organizadora a preside o exalcalde Ramón Sestelo.

No hay comentarios: