martes, diciembre 20, 2016

CONDE APOSTA POR CREAR 20.OOO POSTOS DE TRABALLO NO 2017

Francisco Conde valorou  como “axeitada” a medida do Goberno Central para facer máis accesible o Sistema de Garantía Xuvenil encamiñado a reducir o desemprego entre os menores de 30 anos,  ao remate da LXIII Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais. Destacou que un maior número de mozos e mozas poderán formar parte e acceder aos diferentes programas que Galicia ofrece a través deste Sistema, xa que esta medida permitirá contar con máis colaboradores que faciliten a inscrición dos menores de 30.
A Xunta, a través do Sistema de Garantía Xuvenil, ofrece, entre outras actuacións, incentivos á contratación, apoios aos autónomos, programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro, obradoiros de emprego ou un programa pioneiro de inserción laboral para os alumnos e alumnas de Formación Profesional.   Os beneficiarios poderán acceder ao sistema un día despois de rematar a súa formación ou estar en situación de desemprego fronte aos 30 días que se esixen na actualidade Conde lembrou que o Orzamento da Consellería para a área de Emprego crecerá en 2017 nun 16,4% coa meta de crear 20.000 postos de traballo o próximo ano

No hay comentarios: