martes, diciembre 13, 2016

CALVO APELA AO TABALLO NA RUÁ PARA RECUPERAR A CONFIANZA NO PP

Traballo a pé de rúa, escoitando o que demandan os veciños, e sempre en equipo. Esas son as claves que, segundo Diego Calvo, levarán ao PP a recuperar ou revalidar a confianza da maioría dos galegos nas eleccións municipais do ano 2019. Calvo participou  en Trazo nunha xuntanza de traballo cos alcaldes, portavoces, militantes e simpatizantes do PP dos concellos de Arzúa, Boimorto, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Toques, Tordoia, Touro e Trazo. Durante o encontro realizouse un balance dos resultados obtidos polo PP na provincia coruñesa nas últimas eleccións autonómicas, salientando que, dos arredor de 21.000 votos que aumentou a formación popular en Galicia, uns 15.000 se rexistraron na provincia, onde o PP obtivo o apoio do 47,9% dos coruñeses.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Algo esta pasando no llevarse al coordinador imputado o ya lo estais escondiendo