sábado, diciembre 24, 2016

APOIO A RIBEIRA SACRA COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE

A Comisión de Cultura do Congreso aprobou por unanimidade o texto presentado pola deputada ourensá, Ana Belén Vázquez, no que solicitaba o apoio á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Na súa proposta, Ana Belén Vázquez pedía instar ao Goberno de España e maila Xunta de Galicia a apoiar e defender nas instancias internacionais oportunas a candidatura, formalizada polas deputacións de Ourense e Lugo e o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra en decembro de 2013.
Un paso moi importante “polo que supón un novo impulso a unha iniciativa que procura o recoñecemento e protección deste territorio polo seu valor cultural, histórico e natural”.
Vázquez lembrou que a Ribeira Sacra parte dunha situación singular, xa está incluída polo Estado na lista indicativa do patrimonio mundial, e así tamén está recoñecida pola UNESCO. Aínda que esta situación non supón recoñecemento ningún dos seus valores, explicou, “constitúe unha certa vantaxe fronte a outras propostas que aínda deberían conseguir a súa inclusión nesta lista indicativa.

A deputada incidiu nos importantes beneficios que conlevaría esta declaración, “non só na conservación dos seus valores xeográficos e históricos, senón tamén para aumentar a calidade de vida dos habitantes desta zona pertencente ás provincias de Ourense e Lugo, polo que supón de dinamización e respaldo socioeconómico que xera esta distinción”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Sabe Ana Belén Vázquez vivir de algo que no sea a costa del erario público?