lunes, noviembre 28, 2016

OURENSANS DE OURENSE

Novas Xeracións de Ourense visitaron, esta fin de semana, A Peroxa, Castelo medieval e explotación de gando vacún. Unha actividade mais na sua axenda. De feito NN.XX. de Ourense ven de iniciar unha campaña de actividades que baixo o lema “Ourensáns de Ourense” ten como finalidade render unha homenaxe aos principais persoeiros da provincia no ámbito cultural e intelectual. Aproveitando datas senlleiras, os membros de Novas Xeracións organizarán unha serie de actos nos que a lectura de obras e visitas a lugares destacados servirán para lembrar a figura de ourensáns ilustres como o escritor e político Vicente Risco, o etnógrafo e historiador Florentino López Cuevillas ou o escritor limián Carlos Casares, que terá unha relevancia especial por ser o protagonista das letras galegas en 2017. Con esta campaña, que tamén terá un espazo nas redes sociais, “tentamos aproximar aos mozos da provincia a cultura ourensá, falando de galeguismo e humanismo como tamén vimos defendendo dende Novas Xeracións e o PP”, sinalou o presidente da organización xuvenil, José Antonio Parente.

No hay comentarios: