lunes, noviembre 07, 2016

O PP DE LUGO PIDE O DESBLOQUEO DAS RESIDENCIAS

O Grupo Provincial do PP de Lugo pídelle ao presidente da Deputación que non siga bloqueando a apertura das residencias comprometidas por Suplusa ao non facerlle entrega da documentación precisa para inscribir as modificacións aprobadas no Rexistro Mercantil, o paso previo para que poidan facerse efectivas. En concreto, na reunión da Xunta Xeral Extraordinaria do 30 de setembro acordouse que no prazo de vinte días naturais se debería interesar a inscrición da modificación dos estatutos no Rexistro Mercantil delegándose esta xestión na voceira do PP, Elena Candia. Unha xestión que non pode facer posto que o presidente non lle fixo chegar a acta orixinal asinada, requisito sen o cal non pode acudir ao Rexistro Mercantil.

No hay comentarios: