viernes, noviembre 04, 2016

FEIJOO NON FALOU CON RAJOY DUN MINISTERIO PARA ALFONSO RUEDA

Feijóo, en declaracións aos medios no Parlamento, deu por feito que se Rajoy quere contar con alguén do seu equipo para o novo Goberno será benvido, aínda que reivindicou con contundencia a representación que xa ten agora en Madrid o PP de Galicia. "O equipo do PPdeG está na Presidencia do Congreso, na portavocía do Senado e o propio presidente. Non creo que haxa ningún partido autonómico dentro da estrutura estatal do PP con máis representación. De momento, salvo o portavoz do Congreso témolas todas, non é fácil de incrementar".
Feijóo recoñeceu que o pasado sábado, aproveitando que estaba en Madrid, estivo con Rajoy despois da  investidura, aínda que non falaron de ningun ministerio para Alfonso Rueda. "É a primeira noticia que teño. Non falamos desa posibilidade. O único que lle trasladei son os temas que lle interesan a Galicia, primeiro por lealdade ao meu cargo e despois, por que correspondía, unha vez que o presidente xa fora investido aínda que estaba pendente de tomar posesión. O presidente sabe cales son as prioridades de Galicia".

No hay comentarios: