jueves, diciembre 01, 2016

COÑECE A TUA PROVINCIA

Baixo o lema “Coñece a túa provincia”, Novas Xeracións do PP de Ourense ven de realizar unha serie de visitas a distintos lugares do territorio ourensán coa finalidade de achegar aos mozos o potencial de Ourense en diversos ámbitos. O Museo do Entroido en Xinzo de Limia, unha explotación gandeira de raza caldelá na Peroxa, o traballo no sector vitivinícola no Ribeiro, a praza de abastos do Xurés, o complexo arqueolóxico Aquis Querquennsis ou a igrexa románica de Santa Comba foron algúns dos lugares visitados ata o momento polos representantes de Novas Xeracións, acompañados por xóvenes de distintos puntos da provincia.

No hay comentarios: