miércoles, octubre 05, 2016

OURENSE MANTEN O DEPUTADO 41

O PP de Ourense obtivo o 55,01 % de apoio do voto emigrante, segundo recolle o acta do reconto do Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA) realizado onte na Audiencia Provincial, garantizando o ultimo deputado. Un resultado que para Manuel Baltar, “ven de afianzar o continuo aumento do apoio que no exterior están a recibir os populares ourensáns, que desta volta con case que dous puntos máis que nas xerais de xuño, deixan claro máis que nunca que somos o partido de Ourense”. Dun total de 1.925 votos válidos, o PP recibiu 1.059 que se traducen nun 55,01 % de apoio. Isto supón máis do triplo que a porcentaxe de apoio do segundo partido máis votado, o socialista, que non supera o 18 %. Dende as eleccións xerais de decembro de 2015 o apoio ao PP por parte dos residentes ausentes non deixou de medrar, situándose daquela no 47 % e superando en xuño o 53 %. Datos moi positivos para Manuel Baltar que, agradecido pola confianza depositada no PP, non deixou de lamentar a escasa participación que se está a rexistrar no CERA e que na cita electoral galega rozou os dous puntos dun total de 98.942 galegos con dereito ao voto.

No hay comentarios: