miércoles, octubre 19, 2016

EN AXENDA OS PROCESOS DE RENOVACIÓN NO AMBITO MUNICIPAL

Nunha entrevista concedida a RNE, Miguel Tellado lembrou que en 2015 houbo moitos concellos nos que tivo maioría o PP pero non se lle permitiu gobernar e son xestionados polas mareas de Podemos apoiadas en moitos casos polos socialistas. Por este motivo, Tellado precisou que hai que traballar duro para ofrecerlles a esas cidades e vilas proxectos alternativos que permitan que os populares devolvan a eses concellos gobernos estables e responsables.
Nese sentido, avanzou que nos próximos meses seguirán o proceso de renovación tamén no ámbito municipal para estar á altura do que os galegos lles demandan onde hai problemas “que é nos concellos onde non goberna o PP”.
No tocante ás pasadas eleccións autonómicas,  salientou que os populares plantexaron unha campaña en positivo, sen crispación, con propostas e “moi de rúa”. “Vimos a campaña como un exercicio de cercanía diario á rúa que creo que nos devolveu o pulso da realidade”, engadiu.
Deste modo, puxo en valor que obtiveron un resultado histórico, que ratifica que o PPdeG “segue sendo o partido que representa a maioría social”, algo que demostra que nos últimos anos fixéronse ben as cousas e que os cidadáns perciben o Goberno de Feijóo como comprometido con Galicia logo de mellorar a situación trala peor crise económica que se viviu en España nas últimas décadas.
Ademais, Tellado subliñou a importancia de ter un líder tan valorado como Alberto Núñez Feijóo, que chega a votantes do PP pero tamén a aqueles desencantados co PSOE, Ciudadanos e doutras moitas formacións políticas.

Tellado tamén afirmou que agarda que na X Lexislatura o clima político de relación entre grupos parlamentarios sexa mellor que na que agora acaba. Como lembraba, fai catro anos as voces de Xosé Manuel Beiras soaban no pleno dicindo que os populares terían que irse porque a sociedade non aturaría máis un goberno do PP.
Tellado expresou que ese clima de crispación continuada non serviu para nada aos partidos que a promoveron porque seguen na oposición, polo que espera que teñan aprendida a lección e respecten a Cámara que representa aos galegos para non convertila no campo de batalla que foi os últimos catro anos.
De todos modos, admitiu que hai indicios que sinalan que pode haber un comportamento distinto xa que, a diferenza de Beiras no 2012, Luís Villares si felicitou a Feijóo tras gañar os comicios en setembro. “Agardo que ese xesto prevea unha Lexislatura moito máis razonable, cunhas formas políticas de respecto mutuo cara a persoas que pensan distinto”, insistiu.
“A corrupción é unha excepción e o que hai que facer é loitar de forma decidida cando hai indicios dese tipo de comportamento no ámbito público e político”, aseverou Tellado concretando que dende o PP téñense tomado medidas cando xurdiron casos, sendo serios e rigorosos ao respecto.
De igual xeito, tras aclarar que que non houbo problemas serios de corrupción no PPdeG, si sinalou que, en Galicia, cando se fala de corrupción, xeralmente a mirada vaise cara o PSdeG, onde José Ramón Gómez Besteiro non puido optar a presidir a Xunta tras ser imputado, ao igual que xa o fora o anterior candidato socialista.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cada vez que habla Tellado sube la gasolina.

Anónimo dijo...

El alcalde de Abegondo el primero al que Calvo le enseña la puerta.