martes, noviembre 01, 2016

COMEZAN AS LIORTAS NO GRUPO DE EN MAREA

Miguel Tellado fixo referencia aos datos coñecidos sobre a solicitude de medios que o voceiro do grupo parlamentario de En Marea, Luis Villares fixo á En Marea. Tellado salientou que a divulgación destes datos supón “o inicio das liortas” no grupo parlamentario e un preludio dun proceso de división semellante ao que viviu o grupo Alternativa Galega de Esquerdas. “Alguén filtrou este escrito coa intención de danar a imaxe de Luis Villares”, constatou Tellado, que recomendou ao voceiro que, ante a traizón dos seus compañeiros, en lugar de solicitar un chofer solicite “un ‘guardaespaldas’”.

No hay comentarios: