lunes, septiembre 26, 2016

O RURAL NO ADN DE GALICIA E DO PP

Feijóo afirmou que, se os galegos queren, este mesmo luns comezará a lexislatura do rural, cun proxecto claro de futuro, no que avanzaremos en tres sentidos: na aposta pola calidade, na reestruturación e na diversificación. En concreto, avanzou novas axudas para mellorar a rendibilidade das pequenas explotacións lácteas, o peche da parcelaria en 132 zonas para beneficiar a 90.000 familias, garantir acceso a internet de alta velocidade ao rural galego, impulsar o aproveitamento dos bosques co novo Plan Forestal ou a apertura de 30 casas-niño nos concellos rurais para facilitar a conciliación laboral. 
Nun acto sectorial con representantes do rural celebrado no concello lucense do Saviñao, Feijóo asegurou que o rural está no ADN de Galicia porque é a forma de vida que levamos dentro os galegos.“Quero que o mundo mire cara ao rural galego e diga: nesta xente pódese confiar”

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja...

Anónimo dijo...

Tristeiro futuro lle espera a nosa sociedade. Tristeiro e incerto porvir que pasa pola emigración da xeración de mozos e mozas mellor preparada: tristeira situación na que os seus dirixentes políticos do poder viven cómodos na poltrona e que so fan seguir os ditados que emanan de Xénova e outros lugares da metrópole para asistir ó desmantelamento dunha terra e especialmente unha provincia, que maiormente vive no ir tirando entre cumbias e meregues que actúan de calmantes para amainar a dor de enfermidades cónicas que son os problemas que temos como comunidade social.