lunes, julio 11, 2016

XORNADA DE SABADO NA ESCOLA DE VERAN MIGUEL ANGEL BLANCO

A Casa da Cultura do Carballiño foi escenario da Escola de Verán Miguel Ángel Blanco, que o Partido Popular celebra dende hais seis anos en memoria do concelleiro do concelleiro vasco de Ermua, asasinado pola banda terrorista ETA.
Trala benvida do presidente da xunta local carballiñesa, Argimiro Marnotes, que agradeceu a nova aposta do PP ourensán por celebrar esta actividade na vila, o presidente provincial, Manuel Baltar, lembrou que mañá domingo, día 10, é o aniversario do secuestro de Miguel Ángel Blanco, “a quen está dedicada esta escola como una aposta pola formación, xa consolidada, en tanto que a formación e maila información son básicas para que os representantes públicos logren a mellor xestión pública”.
O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, foi o encargado de moderar a mesa redonda sobre as portavocías na Cámara galega, definindo esta sesión “como historia viva da autonomía”, xa que case que todos os convidados foran voceiros cos presidentes Fernández Albor, Manuel Fraga e Feijóo.
Santalices, que salientou o complexo labor “e poucas veces recoñecido como se merece” dos voceiros, apuntou a súa importancia por tratarse das persoas que teñen relación co goberno, decidindo os temas a tratar nos plenos da Cámara, coordinando e sobre todo representando a un grupo político, do que é a súa imaxe e trascende todo o que di.
José Luis Barreiro Rivas, voceiro entre 1981 e 1986, lembrou as dificultades da súa etapa e o cambio fundamental rexistrado en Alianza popular tras a victoria nas eleccións de 1981, comezando daquela pola organización, por crear unha linguaxe propia e un discurso. Un tempo complicado, dixo, “pero satisfactorio e que me leva a pensar que si saímos de situacións como as vividas a principios dos oitenta, tamén se pode saír desta”.
Pola súa banda, Jaime Pita Varela, voceiro entre 1998 e 2005, afirmou sentirse honrado por vivir unha etapa política na que xurdiu “o partido máis importante e forte de España e Europa pola súa estrutura, e os populares galegos dentro da formación nacional”. Fronte á crítica continua, afirmou, “temos que
facer un labor de apostolado, predicando os nosos postulados, transformando o país en positivo como así fixemos en dúas ocasións e sendo en Galicia e en Ourense exemplo de como se xestiona un partido”.
“Hoxe hai demasiada tensión que impide o debate construtivo”, destacou entre tanto José Manuel Barreiro, voceiro na Cámara galega entre 2005 e 2007 e actual voceiro do PP no Senado, comparando a súa responsabilidade no Parlamento de Galicia co momento actual. Logo da súa traxectoria como representante do partido en diferentes institucións, José Manuel Barreiro abogou pola necesaria construción “dun relato político cara á sociedade para ser quen de involucrar cada vez a máis persoas”.
Por último, Pedro Puy, voceiro dende 2011 ata o de agora, quixo destacar a importancia da mesa redonda non só polo peso político dos seus membros, “senón porque ven de representar a través do seus voceiros a opinión maioritaria de Galicia”. Chamou Puy a atención sobre a importancia da función que cumpren os voceiros, “fundamentais no traballo parlamentario dun partido, cun importante labor interno pero tamén cunha proxección exterior que se ve reflectida na opinión pública”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

El lobby gay coruñes festejó por todo lo alto sus resultados electorales en la noche del sábado.
Una finca privada en el poblabo O Portiño, antiguo reflejó de actos ilegales, ahora de moda por lo selecto de la sociedad, fue el escenario elegido.
En ella se dieron cita diputados autonómicos, concejales, directores generales, empresarios, lo más selecto de la sociedad política. Y lo ya tradicional, invitar a los cachorros para captar adeptos.
Se da comienzo al verano popular con la fiesta que algunos abandonaron cuando el sol saludaba la costa.
Ausencias reseñables a otros años, pero con el protagonismo organizativo de antaño.
Nada reseñable, algún presidente sin funciones juvenil sin funciones borracho apoyado en las esquinas.
Fiesta por todo lo acto y éxito organizativo.