viernes, julio 08, 2016

VI EDICION DA ESCOLA DE VERAN MIGUEL ANGEL BLANCO

A responsabilidade no exercicio da portavocía, como máxima representación dun partido político, será o tema central da Escola de Verán de Dereitos Fundamentais e Liberdades Públicas, Miguel Ángel Blanco, que na súa sexta edición celebrará o PP de Ourense os días 9 e 10 de xullo na Casa da Cultura do Carballiño. Unha convocatoria, que ten por obxectivo “sumar potencialidades, analizar ideas e debater os asuntos máis punteiros da actualidade social, sen esquecer a razón primeira desta iniciativa que é homenaxear a memoria dun xoven político popular, vítima da barbarie terrorista”.
Jorge Pumar salientou a importancia da cita desta fin de semana, “na que cargos, afiliados e simpatizantes do PP terán a magnífica oportunidade de ver xuntos e escoitar aos portavoces que o grupo popular tivo no Parlamento de Galicia desde os inicios da autonomía. Galegos, apuntou, “que exerceron como a voz da maioria do noso pobo, unha tarefa que só ten como requisito imprescindible a responsabilidade, palabra que o é todo en política.”
A voceira dos populares ourensáns, Cristina Romero, foi a encargada de detallar o programa da Escola de Verán, que comezará o sábado, día 9, ás 18.00 horas coa apertura a cargo do presidente provincial, Manuel Baltar, e o presidente da xunta do Carballiño, Argimiro Marnotes.
Baixo o título de A portavocía responsable; 35 anos de Parlamento galego, a continuación desenvolverase unha mesa redonda que, moderada polo actual presidente da Cámara galega, Miguel Santalices, contará coa presenza dos que foron voceiros populares: José Luis Barreiro Rivas (1981-1986), Jaime Alberto Pita Varela (1998-2005), José Manuel Barreiro Fernández (2005-2007) e Pedro Puy (desde o 2011 ata hoxe).

O domingo, día 10, a sesión dará inicio ás 11.30 horas cunha segunda mesa redonda, que desta volta abordará A política nova ou a nova política, con José Antonio Parente, presidente de Novas Xeracións, como moderador. Unha cuestión na que exporán os seus criterios os deputados polo Congreso Miguel Ángel Viso e Ana Belén Vázquez, e a deputada autonómica Jackeline Fernández. Ás doce e media será a clausura, coa intervención de Manuel Baltar.
Para Cristina Romero, os dous temas que se abordarán esta fin de semana son de máxima importancia. Por unha banda, unha portavocía supón “asumir a imaxe pública e a responsabilidade das mensaxes dunha organización política nun momento social e económico determinado, con menor o maior dificultade como estamos a ver nos últimos anos”. Unha etapa na que, precisamente “escoitamos a líderes de partidos emerxentes e radicais fundamentar o seu discurso en torno á nova ou vella política, termos que rexeitamos en tanto que supoñen desacreditar á política da experiencia fronte ao populismo”.
O presidente da xunta local do PP do Carballiño, Argimiro Marnotes, amosou a súa satisfacción por continuar a acoller a Escola de Verán nesta vila, “co que supón de contribución ao dinamismo do partido e maila actividade política, nunha cita xa consolidada e da que seguiremos a ser o seu espazo”. Marnotes tamén chamou a atención dos mozos populares para que acudan a esta cita, xa que segundo dixo “a través das portavocías pódense recoller e defender perfectamente as súas inquedanzas”.
Seis anos de actividade
A Escola de Verán Miguel Ángel Blanco naceu hai seis anos coa intención de manter vivo o exemplo do concelleiro do Partido Popular de Ermua, asasinado pola banda terrorista ETA no verán de 1997 nun acto de barbarie, crueldad e radicalismo, contrario aos valores da tolerancia e o respecto.
Neste tempo, a escola ven de se converter nun referente político na provincia, como cita formativa e de participación política imprescindible para os populares, sendo unha aposta decidida e persoal do presidente provincial, Manuel Baltar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Parente pasou pola Universidade máis a universidad non pasou por él. Menuda mala besta