viernes, julio 08, 2016

UNHA VELLA DEMANDA CUMPLIDA

O PP de Lugo agradece que por fin se tivera en conta a súa vella demanda para que a Deputación de Lugo asuma os custos íntegros do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O populares fan esta reflexión ante o recente anuncio do actual presidente provincial, Darío Campos, de que o organismo provincial se vai a facer cargo deste gasto.
Elena Candia, recordou que esta era unha vella reivindicación do seu grupo e lembra “que levamos ao pleno infinidade de iniciativas neste senso para conseguir liberar aos municipios da provincia do gasto que supoñía asumir este servizo”.
Candia lembrou que, estando o seu grupo ao fronte da Deputación, unha das principais medidas que se levaron a cabo foi “propoñer un un Servizo de Axuda no Fogar equilibrado para todos os concellos”.
A popular indicou que, para isto, “propuxemos un incremento dun 70% os fondos provinciais para o SAF, aumentando a partida prevista para o ano 2015 dende os 700.000 euros contemplados polo bipartito ata os 1,2 millóns de euros”.
Candia reiterou o compromiso do PP co benestar e, neste senso, lembrou que estando á fronte da Deputación “traballamos para atender ás reclamacións dos municipios que solicitaban o cumprimento do decreto de servizos sociais, despois de que o anterior goberno provincial se negase a atender maioritariamente o servizo de axuda no fogar”.

Fin a unha situación de desigualdade xerada con Besteiro
A voceira popular, Elena Candia, celebrou que “dunha vez por todas, se puxese fin a unha situación de inxusta desigualdade xerada polo anterior presidente socialista da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro”.
Por este motivo, os populares congratúlanse de que “grazas á constancia e perseverancia do seu grupo se fixese realidade esta histórica reivindicación popular”.

No hay comentarios: