martes, julio 12, 2016

TELLADO REUNESE CON AJE GALICIA

Miguel Tellado mantivo unha reunión con membros da directiva da Federación Galega de Xoves Empresarios (AJE Galicia) na súa sede situada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
Acompañado por membros do equipo redactor do programa electoral como o coordinador de Economía e Emprego Borja Verea ou o deputado Gonzalo Trénor, Tellado salientou que o PPdeG ten iniciado xa o proceso de “recoller propostas de cara á elaboración do programa electoral” das vindeiras eleccións autonómicas para elaborar “a folla de ruta do próximo goberno de Galicia para o horizonte 2016-2020”.
Nese propósito enmarcou a xira emprendida por  Feijóo a distintos concellos da Comunidade, así como as reunións de “responsables do partido e membros do equipo redactor do programa” con entidades sociais.
O PPdeG, destacou Tellado, “como partido que quere representar á maioría social de Galicia” debe “saber escoitar aos colectivos que conforman unha sociedade activa e dinámica como é a galega”.
Dentro destes colectivos, Tellado quixo salientar ao de xoves empresarios xa que, afirmou “son os que xeran as condicións necesarias para crear emprego” nunha Galicia que ten esa creación de emprego como “primeiro reto para que a consolidación da recuperación económica chegue a todos”.
Nese sentido destacou que foi o actual goberno da Xunta “o que aprobou a primeira Lei de emprendemento de Galicia”, que “ten permitido poñer enriba da mesa ferramentas para os emprendendores” como puideron ser a eliminación con carácter xeral das licenzas municipais de actividade, as deducións fiscais para os investidores que empreguen o seu capital en facer achegas a empresas de nova creación ou a posta en marcha de servizos e axudas para achegar ás PEMES maiores posibilidades de internacionalización e de innovación.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A ideoloxía económica do PP está desfasada. Non se pode beneficiar a empresas, autónomos e emprendedores concedéndolle cousas...para que voten. Habría que diseñar un novo sistema de relacións económicas tipo do que propón Ciudadanos. O PP non pode. Porque está atado a cacicorrada e a burocracia. Por eso a penitencia do PP será - quizás - gobernar pero acatando o programa doutros.