jueves, julio 07, 2016

REUNION EN VERIN DO COMITE DE VOCEIROS DO PPOU NA OPOSICIÓN

A sede do PP de Verín acolleu unha nova reunión do comité de voceiros populares na oposición, na que participaron os representantes do partido nas corporacións locais de Verín, Castrelo do Val, Entrimo e Calvos de Randín, coa presenza do secretario xeral do PP e presidente do comité, Rosendo Fernández, e o secretario executivo de estudos e voceiro no Concello de Ribadavia, César Fernández.
Na reunión, os concelleiros populares repasaron a actualidade dos seus respectivos municipios, ademáis de poñer sobre a mesa as principais necesidades e propostas para un mellor desenvolvemento do seu labor. A convocatoria tamén serviu para a presentación do novo voceiro no Concello de Castrelo do Val, Emilio José Costa García.
Rosendo Fernández aproveitou a cita para repasar os resultados electorais alcanzados polo PP  nos citados concellos e facer unha valoración en clave provincial, informando ao tempo dos primeiros pasos dados polo partido para o proceso electoral das autonómicas.
O presidente do comité de voceiros valorou positivamente estas reunións, a sexta que se celebra ata o de agora por toda a provincia, “xa que están a servir para escoitar aos nosos representantes, tomar o pulso a actualidade dos concellos ourensáns e tomar decisións tanto en clave política como de partido”.

No hay comentarios: