lunes, julio 04, 2016

PENSANDO NAS AUTONOMICAS CON PRUDENCIA E AUTOCRITICA

Miguel Tellado resumiu o contido do Comité de Dirección no que se analizaron os resultados das eleccións xerais e se tomaron as primeiras decisións para preparar as eleccións autonómicas do próximo outono.
No referente ao primeiro, Tellado lembrou que o PPdeG “conseguiu convencer a 40.000 votantes máis que nas eleccións de decembro”, unha suba que, en termos porcentuais está por riba da suba media do PP no conxunto do Estado.
En contraste, os partidos da oposición no seu conxunto perderon máis de 100.000 votos respecto a decembro. “Estamos falando dunha perda de 583 votos ao día nestes últimos seis meses”, salientou Tellado. Destacou, tamén que estes resultados permitiron aos populares galegos “enviar dúas deputadas máis ao Congreso”, chegando aos 12 deputados. Porén, o secretario xeral fixo unha chamada a evitar a autocomplacencia: “a diferenza de outros partidos que están eufóricos na súa derrota nós mantém. E quixo lembrar que “o camiño da prudencia e da autocrítica ten sido a chave da nosa mellora” e fixo un chamamento a continualo para poder seguir medrandando.

No hay comentarios: