jueves, julio 07, 2016

OBXETIVO CUMPLIDO

Pedro Puy salientou onte que o Parlamento galego cumpriu nesta lexislatura “o obxectivo de ser o centro da participación cidadá, de debate e da actividade política, ata o punto de que é un perfecto espello da situación política: un partido que ofrece estabilidade e diálogo mentres que en fronte hai unha alternativa de goberno moito máis dividida do que estaba cando comezou a lexislatura e sen moita capacidade de ofrecer alternativas, salvo algunhas políticas de xestos”.
Na comparecencia posterior á reunión da Xunta de Portavoces, Pedro Puy agradeceu aos portavoces dos grupos da oposición “a súa predisposición a permitir que os horarios do Pleno da vindeira semana sexan razoables, dada a alta concentración de normas habitual no final do período de sesións, que provocan que a sesión sexa complicada en termos de xestión horaria”. Neste sentido, concretou que todos os grupos acordaron renunciar a unha parte do tempo que lles correspondería no debate dalgunha destas normas en Pleno.
Respecto do debate das seis iniciativas lexislativas incluídas na orde do día, das que seis son proxectos de Lei remitidos polo Goberno e as outras dúas son proposicións de lei promovidas desde o Grupo Popular e o BNG, o portavoz popular tamén subliñou que ningún texto lexislativo (dos cinco que se debateron, xa que un deles tramítase polo procedemento de lectura única) tivo voto en contra. “O consenso é mérito das dúas partes”, sinalou Pedro Puy, quen considerou demostrado que “ás veces é posible o acordo en cuestións que afectan á cidadanía sen que haxa votos en contra significativos”, en referencia as leis da área metropolitana de Vigo, a lei de transporte público ou a modificación da Lei de violencia de xénero.

No hay comentarios: