jueves, julio 07, 2016

O RETO DO PPdeG OBTER A UNICA MAIORIA ABSOLUTA EN ESPAÑA

Miguel Tellado foi entrevistado pola TVG e comezou a súa intervención declarando que "os cidadáns falaron o pasado 26 de xullo dándolle a maioría máis ampla ao PP e agora o que toca é que os que perderon as eleccións lles faciliten o goberno a quen as gañou".
Con respecto á data dos comicios autonómicos, Tellado asegurou que "o menos importante non é saber que fin de semana serán as eleccións autónimas, o importante é que chegaremos con menos paro que cando Feijóo chegou ao Goberno". Con todo, asegurou que ter feito coincidir os comicios autonómicos coas eleccións xerais tamén era unha oportunidade xa que "os demais partidos estaban abertos en canal". O secretario xeral do PPdeG asegurou que teñen "o reto de obter para o PP a única maioría absoluta de toda España" e definiu o goberno do PP como o da maioría para a maioría.
En canto os resultados que podería haber tras os comicios autonómicos o secretario xeral do PPdeG mostrouse convencido de que Feijóo sairá reelixido. "A xente na rúa dime que gañará Feijóo. Vai gañar Feijóo, non hai ningunha dúbida", asegurou Tellado. Pero asegurou que "está en xogo" que "goberne Feijóo ou un tripartito encabezado por Beiras ou un pupilo de Beiras". "Non nos chega gañar, temos que buscar ese escano 38 que nos permita gobernar".

No hay comentarios: