lunes, julio 18, 2016

O PPdeG PARTE DA LOITA HISTORICA DO GALEGUISMO

O PPdeG celebrará o Día de Galicia cun acto no Xardín Botánico de Padrón. Miguel Tellado defendeu que, fronte a “partidos que reivindican o seu amor a Galicia dende o odio” e “que desprezan ás eleccións políticas da maioría social galega e non aceptan a pluralidade ideolóxica, identitaria ou lingüística do noso país”, o PPdeG “ve Galicia con orgullo e por iso é o partido que máis se parece a ela”.
“Nós dicimos que Galicia, por moitos motivos, non é Castela nin é Madrid, pero o dicimos sen ter nada en contra de Castela nin de Madrid e sen renunciar aos vínculos históricos moi profundos que nos unen co resto de España”.
Defendeu tamén a identificación do PPdeG coa “loita histórica do galeguismo”, que foi “a de ter institucións propias que se gobernen segundo decida o pobo galego”. En troques, sinalou, “outros desprezan estas institucións cando o pobo galego decide o que eles queren”, actitude que, considerou, “en ningún caso pode ser galeguismo”. Por último, reivindicou que “somos galeguistas porque cremos na sabedoría da sociedade tradicional galega”, tal e como facían Brañas ou Otero Pedrayo. Contrastou esta actitude co “adanismo de quen cre que está a inventalo todo”, desprezando así as leccións dos nosos devanceiros. O PPdeG, en cambio quere usar ese pasado “para cimentar o noso futuro”.

No hay comentarios: