lunes, agosto 01, 2016

O FALADOIRO EN PONTECESURES

Feijóo mantivo  un encontro coa veciñanza do concello de Pontecesures. Instalou na Plazuela o seu banco ou faladoiro co que está a percorrer Galicia para sentarse a conversar coa veciñanza para escoitar as súas inquedanzas así como a urna no que estas persoas poden depositar, do seu puño e letra, as súas propostas de actuacións para o próximo goberno galego.
Polo seu banco pasaron numerosos veciños e veciñas da localidade interesados en falar de ti a ti co líder popular. Do mesmo xeito, aproveitou para saudar ás persoas que se atopaban pasando a tarde nos bancos e nas terrazas da praza, así como para achegarse aos rapaces que alí xogaban.
Este encontro forma parte da xira ‘A Galicia que ti queres’ deseñada polo Partido Popular de Galicia para fomentar o contacto directo de Feijóo coas galegas e os galegos e para recibir as súas propostas e achegas de cara á elaboración do vindeiro programa electoral.

1 comentario:

Anónimo dijo...

menos falar e máis traballar. E menos pasear. Como comercial non ten rival.