viernes, julio 15, 2016

O FALADOIRO CONTINUA O FIN DE SEMANA

Feijóo mantivo encontros coa veciñanza esta seamana no concellos de Negreira e Teo. Estes encontros forman parte da xira ‘A Galicia que ti queres’ deseñada polo PP de Galicia para fomentar o contacto directo do candidato coas galegas e os galegos e para recibir as súas propostas e achegas de cara á elaboración do vindeiro programa electoral.
Así, Feijóo visitará concellos de toda Galicia acompañado dun banco ou ‘faladoiro’ no que sentarse a conversar coa veciñanza para escoitar as súas inquedanzas e dunha urna no que estas persoas poidan depositar, do seu puño e letra, as súas propostas de actuacións para o goberno.
No seu paseo por Negreira, o presidente Feijóo aproveitou para escoitar as impresións dos veciños máis novos da vila mentres que no Concello de Teo deu un paseo pola travesía de Cacheiras durante o que non perdeu a oportunidade de visitar o restaurante da familia do finado alcalde Armando Blanco.
Nesta fin de semana, Feijóo continuará esta xira con visitas a concellos das provincias de Pontevedra e Coruña, mentres que a semana que vén estará en Ourense e Lugo.

No hay comentarios: