lunes, agosto 01, 2016

O DEDAZO DE PABLO IGLESIAS NA MAREA

Miguel Tellado, ofreceu unha rolda de prensa na que quixo valorar os pasos dados polas distintas opcións políticas que confrontarán nas urnas no outono.
Ante a presunta designación do candidato das Mareas, Tellado valorou o papel xogado por Xosé Manuel Beiras. Considerou que mentres “el leva anos dicindo que estaba a escribir o seu epílogo político, en realidade o que se está a escribir é o seu epitafio e estano a escribir outros por el”. A eses outros identificounos nas tres persoas que en 2009 “sacárono do retiro académico”: Martiño Noriega, Yolanda Díaz e “un asesor que viña dende Madrid e que se chamaba Pablo Iglesias”.
Tras relatar cómo “desgastaron a Beiras para non desgastarse eles” e “encargáronlle xestionar un grupo parlamentario que se caía a cachos”, Tellado lembrou que os tres conseguiron os seus obxectivos: “Martiño Noriega é alcalde de Santiago, Yolanda Díaz conseguiu o seu gran obxectivo que era ser deputada no Congreso e Pablo Iglesias montou o seu partido político coas notas que tomou naquel experimento protagonizado por Beiras”.
O secretario xeral lembrou que “unha vez logrados os seus obxectivos, Beiras é abandonado e se lle obriga a humillarse e saír pola porta de atrás dun proxecto ao que el lle puxo cara en 2012”. “Todo ese desgaste persoal, de imaxe pública e de prestixio” ao que foi sometido Beiras, sinala Tellado, “sáldase con ningún beneficio para el e co máximo aproveitamento por parte de Noriega, Díaz e Iglesias”.
Porén, explicou Tellado, as informacións apuntan a que estes diálogos rematarán “cun auténtico dedazo dende Madrid, dende o despacho do señor Pablo Iglesias” para elixir o candidato das Mareas.
“Cada vez queda máis demostrado que as Mareas non son un proxecto político galego senón que son a marca branca, a franquicia de Pablo Iglesias en Galicia”, subliñou o secretario xeral.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tellado que tu digas eso que fuiste o mayor dedazo en Galicia manda carallo.
Primero fuiste a dedazo de Juncal y ahora eres sx por dedazo.

Anónimo dijo...

Mais ou menos como no PP, todas as listas a dedo. A militancia so para traballar....
Sin comentarios