martes, julio 05, 2016

FINAL DE LEXISLATURA CON ALTO CONTENIDO LEXISLATIVO

Pedro Puy indicou que “seis iniciativas lexislativas están en disposición para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno”. Ademais deste alto contido lexislativo, a sesión plenaria tamén incorporará a presentación do informe ordinario da Valedora do Pobo e a elección dos senadores en representación da Comunidade galega e de seis membros do Consello Social da Universidade de A Coruña.
Pedro Puy apuntou que o Grupo Popular proporá hoxe  na Xunta de Portavoces a inclusión na orde do día da sesión plenaria da vindeira semana da designación dos tres senadores en representación da Comunidade galega, dos que dous corresponden ao PP e o outro ao PSOE. “O obxectivo é que estes representantes poidan estar presentes o día de constitución do novo Senado logo das pasadas eleccións xerais”, indicou.

No hay comentarios: