miércoles, julio 13, 2016

15 MILLONS DE EUROS PARA A CUALIFICACION E INSERCION LABORAL

Feijóo avanzou na rolda de prensa posterior ao Consello, que a Xunta vai activar catro programas de apoios para impulsar a mellora da cualificación e a inserción laboral de case 3.700 persoas sen traballo. Con isto, búscase axudar a ampliar as súas oportunidades laborais e incentivar a súa contratación por parte das empresas. O investimento total destas liñas específicas está valorado en 15 millóns de euros.
A través destas actuacións, a Xunta dá un novo impulso á Axenda 20 para o Emprego coa que se está a impulsar a calidade e estabilidade no mercado laboral ata 2020. Esta planificación, segundo lembrou Feijóo, pretende a creación de 100.000 novos empregos e reducir a taxa de paro en Galicia ata unha cifra por debaixo dos dous díxitos. De feito, grazas a ela, xa se activaron nos primeiros seis meses do ano axudas en emprego por valor de arredor de 150 millóns de euros.

No hay comentarios: